domingo, 1 de xaneiro de 2012

proposta de traballo "Jaron Lanier/you are not a gadget"


Jaron Lanier (1960) é unha especie de gurú da informática e internet, entre outras das súas afeccións e saberes. En 2011 a revista Time nomeouno unha das 100 persoas máis influíntes do mundo. Está contra a deriva antihumanística que, segundo el, está a tomar a web 2.0; por exemplo, da Wikipedia di que "lela é como ler a Biblia. Unha mestura de voces anónimas, diversos autores e editores con feitos que son difíciles de contrastar."
Podemos traballar coas primeiras páxinas de You Are Not a Gadget: a Manifesto, ou con algunha parte da súa web persoal, ou sobre o do video; temos onde elixir.


Ningún comentario:

Publicar un comentario