venres, 7 de xuño de 2013

a caza do carbairán

THE BAKER’S TALE

They roused him with muffins— they roused him with ice—
They roused him with mustard and cress—
They roused him with jam and judicious advice—
They set him conundrums to guess.

When at length he sat up and was able to speak,
His sad story he offered to tell;
And the Bellman cried "Silence! Not even a shriek!"
And excitedly tingled his bell.

There was silence supreme! Not a shriek, not a scream,
Scarcely even a howl or a groan,
As the man they called "Ho!" told his story of woe
In an antediluvian tone.

“My father and mother were honest, though poor—”
“Skip all that!” cried the Bellman in haste.
“If it once becomes dark, there's no chance of a Snark—
We have hardly a minute to waste!” 

“I skip forty years,” said the Baker, in tears,
”And proceed without further remark
To the day when you took me aboard of your ship
To help you in hunting the Snark.
“A dear uncle of mine (after whom I was named)
Remarked, when I bade him farewell—”

“Oh, skip your dear uncle!” the Bellman exclaimed,
As he angrily tingled his bell.
“He remarked to me then,” said that mildest of men,
“ ‘If your Snark be a Snark, that is right:
Fetch it home by all means—you may serve it with greens,

And it's handy for striking a light.
“ ‘You may seek it with thimbles—and seek it with care;
You may hunt it with forks and hope;
You may threaten its life with a railway-share;
You may charm it with smiles and soap—’ ”

(“That’s exactly the method,” the Bellman bold
In a hasty parenthesis cried,
“That’s exactly the way I have always been told
That the capture of Snarks should be tried!”)

"`But oh, beamish nephew, beware of the day,
If your Snark be a Boojum! For then
You will softly and suddenly vanish away,
And never be met with again!'

“It is this, it is this that oppresses my soul,
When I think of my uncle’s last words:
And my heart is like nothing so much as a bowl
Brimming over with quivering curds!

“It is this, it is this—” “We have had that before!”
The Bellman indignantly said.
And the Baker replied “Let me say it once more.
It is this, it is this that I dread!

“I engage with the Snark—every night after dark—
In a dreamy delirious fight:
I serve it with greens in those shadowy scenes,
And I use it for striking a light:

“But if ever I meet with a Boojum, that day,
In a moment (of this I am sure),
I shall softly and suddenly vanish away—

And the notion I cannot endure

                                                      The Hunting of The Snark
Lewis Carroll
 Londres, 1874; con ilustracións de Henry Holiday

traducida ó galego por María Pilar J. Aleixandre
e publicada como:


A caza do Caibarán
Edicións Xerais de Galicia, 1996

O conto do Panadeiro

Acórdano con roscos e con xelos,
sinapismos, agrions e cataplasmas;
cun caldiño de grelos,
con marmelada e contos de pantasmas;
déronlle bos consellos,
puxéronlle adiviñas e enguedellos.

Cando á final, tras múltiples coidados,
Da palabra recobra o don precioso,
Saloucos afogados
Exhala, e o relato doloroso
da súa vida comeza. Entón silencia
o Capitán, con sino rumoroso,
ós mariñeiros, e áspera sentencia.

E un silencio tendeu, do cabrestante,
Sen berros, sen un chío,
Ós mastros e ó cuadrante,
E atenderon, tan pronto como ó fío
Da súa triste historia
“Aqueliño” rescata da memoria.

“O meu pai era pobre pero honesto”
“Salta esa parte, que se cae a tebra,”
(apurouno o Sineiro) “do funesto
Caibairán non se quebra
A traxectoria invicta. ¡Só un minuto
tes para a historia, de couce ó curuto!”

“Saltando corenta anos” di , e acora
Coitado Panadeiro, e mentres narra
Sete chorares chora,
“chegou o día en que soltando amarra
Do barco comezou a singradura
Para do Carbairán ir á procura.”

“Do meu esgrevio tío a despedida
Rematada, cando, o semblante adusto
Dime –Sobriño, pola túa vida…-“
“¡Terriblemente inxusto!”
Interrompe o Sineiro a relembranza
“é termos que atender  tamaña andanza”

“Díxome entón” prosegue o coitadiño
“Se o Carbairán é simple Carbairán,
Tírao do seu veciño
Tráeo a casa, sírveo con azafrán
De cachelos ornado, e á noitiña
Val para prender mistos na cociña.”

“Procúrao con tento e con dedais;
Procúrao con garfos (e esperanza)
De variados metais;
Pon a súa vida en danza
Da Renfe con accións e con billetes;
Encántao con xabón e con chupetes.”

(“¡Precisamente!”, dixo o Capitán,
“E tales son os métodos certeiros
De apañar Carbairán
Segundo contan sabios extranxeiros.
Así fun ensinado;
Isto traio en inglés fotocopiado.”)

“¡Olla sobriño que gardarte debes,
Se o Carbairán inicuo,
é Cocón que por muros e por sebes
o corpo agocha oblicou,
pois repentinamente e sen dar chío
vas desaparecer!” dixo sombrío.

“Atenázame un presentimento,
do meu tío as palabras derradeiras
volven ó pensamento,
e do meu corazón as tremedeiras
estalan como chulas na tixola
e choutan como papas nunha ola.”

“Atórdame a lembranza…”-“¡Bah, xa chega!”
o sineiro interrompe ó Panadeiro,
e o coitadiño agrega:
“Déixame repetir, será terceiro,
este recordo acerbo
do meu tío co seu florido verbo.”

“Cando da noite a densa escuridade
espesa tebra tece,
a penas o luar racha en metade
as sombras que aborrece,
o Carbairán e eu agoniamos
en soños nunha loita que acaece
ata que o sirvo, ornado de cachelos
ou prendo nas lareiras cacharelos.”

“Pero un día, tal vez, o cego azar,
fortuna desgraciada ou malos pasos
condúzanme ata dar
nun Cocón, e os ocasos
contemplarán como me esfumo en nada
¡e teimo nesta idea malfadada!”

Ningún comentario:

Publicar un comentario