luns, 17 de xuño de 2013

a perla, resumo

A historia comeza unha mañana cando a Coyotito fillo de Kino e Juana pícao un escorpión, a reación de Juana foi absorver o veleno pero non era suficiente, así que deciden ir a buscar ó médico ol pobo para que cure a Coyotito da picadura.

Pero todos sabían que o médico só atendía a persoas que tiñan diñeiro, asi que  deciden intentalo; pero o médico non os recibiu, Kino furioso retirouse con Juana e o seu fillo da casa do doutor  dirixíronse ao mar onde Juana preparoulle un emplasto de algas a Coyotito, o cal lle fixo moito ben.

Logo subiron a lancha de Kino a realizar o seu traballo que era encontrar perlas para logo vendelas, pero ese día Kino non sabía  co que se iva atopar, sumerxiuse nas augas coma sempre para buscar perlas e viu no mar unha gran ostra, imaxinouse que encontrara a perla da cal todos falaban como lenda, sacouna das profundidades do mar, subiu a  superficie e comezou a abrir as ostras.

Tocoulle abrir a  gran ostra e deuse de conta que as súas sospeitas eran certas, así que deu un berro de felicidad e nese momento foron a ver os seus compañeiros de traballo e en poucos minutos xa todo o pobo sabía que kino encontara a perla dol mundo.

Kino imaxinou que todos os seus problemas estaban resoltos e fixo tantos planes con ela que todos quedáronse asombrados. O médico enterouse do sucedido e rápidamente foi ver a Kino e ao bebé. Trataron de roubar a perla en moitas acasións ata que nunha oportunidade matou a un home en defensa propia. 

Os pobladores queimaron a casa de Kino, mentras tanto Kino refuxiouse na casa de seu irmán e despois decidiron ir para a capital. 

Tres cazadores seguírono durante días ata  que Kino os enfrentou  e nun disparo casual a bala caeulle a Coyotito, nesos momentos Kino enfurecido matounos a todos; logo Juana e kino regresan ao pobo e dirixíronse ao mar e decidiron devolver a perla. Kino deulla a Juana para que o fixera pero ela devolveulla, Kino foi quén a lanzou ao mar e a perla desapareceu.

información tirada de "portal poemas"

Ningún comentario:

Publicar un comentario