luns, 17 de xuño de 2013

emily dickinson

www.guardian.co.uk
Emily Dickinson podería considerarse como a poetisa da paradoxa. Considerando o voluminoso material biográfico, por non mencionar o extraordinario intimismo da súa poesía, parecería que podemos ter acceso a toda a información sobre ela; pero o ler o seu traballo,particularmente se lemos os poemas dun xeito secuencial, semellaranos que non sabemos nada.

Recoñeceríamos a súa inimitable voz en calquera contexto (incluso na prosa das súas “cartas”), por ser a voz de máis deliberado anonimato. Non obstante, Dickinson declara os segredos máis sutís do seu corazón, confesa os seus sentimentos abertamente. A persoa do poeta e o tentador e suxerinte “I”da súa obra, parece estar dirixíndose a nós con percepcións que son tan nosas como dela. O rexeitamento a retórica da súa poesía, o seu acovardado intimismo, suxírenos o evidente, o indescifrable, pero o verdadeiro reto poético, está no propio significado.

Calquera que lera algúns dos seus poemas, terá que recoñecer a natureza heroica da intensa busca interior da poetisa. Unha indagación enigmática, obsesiva, máxica, a miúdo frustrante, pero sobre todo heroica.: unha fascinación de proporcións épicas, e para o proxecto poético, nada menos que o intento de analizar a alma, e este intento é a posibilidade de crear unha poesía da transcendencia que faga esquecer o seu habitáculo humano e o seu propio nome.

Con frecuencia o propio “eu” (The self) sitúase como oposición a alma (“The soul”).

Unha verdadeira obra de arte é unha consecuencia da integración dos elementos conscientes e inconscientes, un equilibrio do coñecido e do descoñecido, que se mantén cunha exquisita rixidez. O arte é esforzo, e a poesía que escribiu esta autora é unha arte de tensión, compacto, denso, moi preto a dor física, como o dos corpos estelares cuxa gravidade, está tan condensada, que chega o punto da súa desaparición.

Fonte: Dr. Antonio Fernández Ferrer (Departamento de didáctica da lingua e literatura española na Universidade de Granada).

Ningún comentario:

Publicar un comentario