xoves, 6 de xuño de 2013

o corazón do negror, resumo

A novela céntrase nun mariñeiro chamado Marlow, o cal narra unha travesía que realizou anos atrás polo río Congo, en busca de Kurtz, o xefe dunha explotación de marfil, e que ao longo da novela adquire un carácter simbólico e ambiguo.

Os dous primeiros terzos da novela narran a viaxe de Marlow dende Londres a África, e remontando o río Congo, ata alcanzar a base de recolección de marfil na que se encontra un empregado da empresa belga que o contratou. Ese empregado, chamado Kurtz, tivo un enorme éxito no tráfico de marfil, pero iso granxeoulle a envexa doutros colegas. Marlow intúe que Kurtz rompeu con todos os límites da vida social tal e como se coñece en Europa, o que lle repele e atrae ao mesmo tempo.
No camiño, Marlow será testemuña da situación extrema en que viven os colonos europeos, a súa brutalidade cara aos nativos africanos, e deberá superar todo tipo de obstáculos -atrasos, enfermidades, ataques de indíxenas, ...- ata alcanzar o seu destino. Cando finalmente se encontra con Kurtz, cuxa imaxe foi agrandándose e mitificándose durante o proceso, descobre que se trata dun personaxe misterioso, ao que os nativos idolatran coma se fose un deus, pero que parece ter caído nunha loucura bestial. Como legado deixa un panfleto no que detalla como civilizar os nativos, e que inclúe unha anotación brutal: " Exterminade a todas esas bestas!". Marlow e os seus compañeiros de viaxe logran cargar a Kurtz, xa gravemente enfermo, no pequeno barco de vapor que debe sacalo da selva, pero este morre no traxecto, pronunciando ante Marlow as súas últimas e enigmáticas palabras: «O horror! O horror!». A viaxe de Marlow ao corazón do continente africano transfórmase así nun descenso aos infernos, pero tamén nunha crítica ao imperialismo occidental e unha investigación acerca da loucura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario