xoves, 6 de xuño de 2013

o gran gatsby, resumo

o narrador, Nick Carraway, comeza o libro cun consello do seu pai, que di que non se debe criticar aos demais. A través dos ollos de Nick, coñecemos á súa prima, Daisy Buchanan, ao seu agresivo marido, Tom Buchanan, e a Jordan Baker, quen chega a ser un interese romántico do narrador. Nick vive en West Egg, zona de pouca elite pero aínda elegante e que xace ao outro lado da baía de East Egg.

pronto nos fascina o Sr. Jay Gatsby, un home rico e misterioso que ten unha mansión enorme xunto á casa de Nick e onde celebra festas os sábados ás que todo o mundo pode ir e emborracharse.
Nick coñece e faise amigo (con receo) do home misterioso nunca das súas grandes festas e tamén comeza a pasar tempo con Jordan, cuxo pragmatismo cínico lle encanta a Nick.

todo o mundo sabe que algo de Gatsby cheira raro –o seus negocios, a súa suposta educación en Oxford e a súa posición extraña entre as elites da sociedade son sospeitosas. Despois, Gatsby revélalle a Nick, a través de Jordan, que el e Daisy tiveron un enredo romántico antes de que el fora á guerra e que ela se casara con Tom.

Gatsby quere ter a Daisy de novo e o  plan era que Nick a invitase ao té e ela "se tropezase” co seu antigo amante.

Nick leva a cabo a estratexia. Gastby e Daisy reúnense e comezan outro amorío.
Todo segue moi ben, ata que Tom coñece a Gatsby, quen no lle cae ben e ponse a investigar os seus asuntos.

mentres tanto, Nick revélanos o verdadeiro  pasado de Gatsby; ven dunha  familia moi pobre e ruda. Probablemente seguiría nesa situación  se non tivese coñecido a Dan Cody, un home rico e vello que lle ensinou  todo o que necesitaba saber. Sen embargo, a súa fortuna non lla deixou el, senón que provén dos seus negocios, o contrabando.

a historia ten un triste final que ten lugar en Nova York, onde Tom e Gatsby discuten  sobre Daisy. Aí revélase que Gatsby é un contrabandista. Daisy ten que seguir co seu marido e o gran Gatsby, finalmente morre a causa dun tiro.

resumo baseado nun texto tirado de shmoop

Ningún comentario:

Publicar un comentario