martes, 18 de xuño de 2013

o vixía no centeo, resumo e comentario

O libro narra unha historia de un xoven de dezaseis anos cuxo nome era Holden. Estuda nun colexio chamado Pencey. A escola vota a este rapaz e este decide marchar el só a Nova York.

Cando chega a Nova York se aloxa nun pequeno hotel, e sen desfacer o seu equipaxe decide ir dar unha volta pola cidade de Nova York, pola noite. Recorre a cidade e coñece a unhas rapazas cas cales fala un anaco e segue ca súa ruta por Nova York.

Cando volve a súa habitación, o ascensorista, un home chamado Maurice ofrécelle pasar unha noite cunha prostituta, o cal acepta a proposta do ascensorista, pero as cousas empeoranse e o final resulta apaleado, co cál Holden deprimese aínda máis. O día seguinte Holden sae do hotel e deixa as suas maletas na estación. Queda cunha rapaza chamada Sally Hayes e deciden pasear pola cidade, ir o teatro e así poder coñecerse o un o outro.
A Holden vólvenlle saír mal as cousas , deixando a rapaza moi indignada. Uns días máis tarde queda cun amigo que xa era coñecido da súa infancia, chamado Luce, co que charla cinco minutos e o amigo marcha do bar deixando a Holden só.

Holden o ver que ninguén lle facía caso e o seu estado de ánimo cada vez lle ía a peor, optou por ir de bares e emborracharse , unha vez que o seu estado era pésimo decide ir a súa casa a visitar a súa irmá Phoebe. Holden entra moi silenciosamente na casa para que ninguén o escoite. Vota un anaco falando ca súa irmá, nese momento contoulle os planes que tiña; marcharse da casa e ir vivir a outro lugar onde estivera el só, sen a súa familia. Holden despídese da súa irmá e pasa a noite nunha casa que estaba moi preto da súa dun antigo profesor del.

A maña seguinte, cando Holden partía a outra cidade, atópase ca súa irmá, a cal decide acompañalo, pero el négase, e o fin a familia dase conta dos planes que o rapaz tiña pensado, falan con él e aconséllano toda a familia e amigos. Holden recapacita e decide quedarse cos seus pais e o resto da familia.

O argumento deste texto pareceme moi interactivo, xa que os rapaces adolescentes de hoxe en día teñen a maioría deles en mente que poden marcharse da casa e ter unha vida normal, que non van votar en falta a presenza dos seus pais, familia, que se dan defendido eles por sí mesmos ...

Sen ter en conta que ca idade do rapaz desta historia, non teñen ningún tipo de formación acádemica. Co cal pareceme un libro no que os rapaces reflexionan e fanlle abrir os ollos a realidade do seu arredor, dándose conta do importante que é a familia e do que se esforzan por eles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario