martes, 11 de xuño de 2013

o vixía no centeo

If you really want to hear about it, the first thing you'll probably want to know is where I was born, an what my lousy childhood was like, and how my parents were occupied and all before they had me, and all that David Copperfield kind of crap, but I don't feel like going into it, if you want to know the truth. In the first place, that stuff bores me, and in the second place, my parents would have about two hemorrhages apiece if I told anything pretty personal about them. They're quite touchy about anything like that, especially my father. They're nice and all--I'm not saying that--but they're also touchy as hell. Besides, I'm not going to tell you my whole goddam autobiography or anything. I'll just tell you about this madman stuff that happened to me around last Christmas just before I got pretty run-down and had to come out here and take it easy. I mean that's all I told D.B. about, and he's my brother and all. He's in Hollywood. That isn't too far from this crumby place, and he comes over and visits me practically every week end. He's going to drive me home when I go home next month maybe. He just got a Jaguar. One of those little English jobs that can do around two hundred miles an hour. It cost him damn near four thousand bucks. He's got a lot of dough, now. He didn't use to. He used to be just a regular writer, when he was home. He wrote this terrific book of short stories, The Secret Goldfish, in case you never heard of him. The best one in it was "The Secret Goldfish." It was about this little kid that wouldn't let anybody look at his goldfish because he'd bought it with his own money. It killed me. Now he's out in Hollywood, D.B., being a prostitute. If there's one thing I hate, it's the movies. Don't even mention them to me.

Where I want to start telling is the day I left Pencey Prep. Pencey Prep is this school that's in Agerstown, Pennsylvania. You probably heard of it. You've probably seen the ads, anyway. They advertise in about a thousand magazines, always showing some hotshot guy on a horse jumping over a fence. Like as if all you ever did at Pencey was play polo all the time. I never even once saw a horse anywhere near the place. And underneath the guy on the horse's picture, it always says: "Since 1888 we have been molding boys into splendid, clear-thinking young men." Strictly for the birds. They don't do any damn more molding at Pencey than they do at any other school. And I didn't know anybody there that was splendid and clear-thinking and all. Maybe two guys. If that many. And they probably came to Pencey that way. 

Anyway, it was the Saturday of the football game with Saxon Hall. The game with Saxon Hall was supposed to be a very big deal around Pencey. It was the last game of the year, and you were supposed to commit suicide or something if old Pencey didn't win. I remember around three o'clock that afternoon I was standing way the hell up on top of Thomsen Hill, right next to this crazy cannon that was in the Revolutionary War and all. You could see the whole field from there, and you could see the two teams bashing each other all over the place. You couldn't see the grandstand too hot, but you could hear them all yelling, deep and terrific on the Pencey side, because practically the whole school except me was there, and scrawny and faggy on the Saxon Hall side, because the visiting team hardly ever brought many people with them.

There were never many girls at all at the football games. Only seniors were allowed to bring girls with them. It was a terrible school, no matter how you looked at it. I like to be somewhere at least where you can see a few girls around once in a while, even if they're only scratching their arms or blowing their noses or even just giggling or something. Old Selma Thurmer--she was the headmaster's daughter--showed up at the games quite often, but she wasn't exactly the type that drove you mad with desire. She was a pretty nice girl, though. I sat next to her once in the bus from Agerstown and we sort of struck up a conversation. I liked her. She had a big nose and her nails were all bitten down and bleedy-looking and she had on those damn falsies that point all over the place, but you felt sort of sorry for her. What I liked about her, she didn't give you a lot of horse manure about what a great guy her father was. She probably knew what a phony slob he was.

 The catcher in the Rye
 J.D Salinger  
1951 Little, Brown and Company

O vixía no centeo 
traducido por Xosé Ramón Fernández Rodríguez
Editorial Xerais

www.eleconomista.es
Se realmente queredes saber de que vai esta historias, a primeira cousa que debe interesarvos é onde nacín e como foi a miña piollosa infancia, en que andaban atarefados meus pais antes de eu vir ó mundo e todas esas paridas estilo David Copperfield. Pero non me sinto como para meterme niso. En primeiro lugar, abúrreme, e en segundo, ós meus pais daríalles unha tarantela a cada un se eu contase algo persial sobre eles. Son moi melindreiros par estas cousas, especialmente meu pai. Son boa xente e todo iso, mon digo que mon, pero melindreiros coma o demo. Ademais, non vos vou contar toda a miña puñeteira autobiografía nin nada semellante. Só vos contarei a loucura aquela que me pasou no Nadal, antes de me pór moi malo e ter que vir para aquí a recuperarme. Quero decir que esto é todo o que lle contei a D.B., e iso que é o meu irmán. Está en Hollywood, que non queda moi lonxe deste sitio merdeiro, e vénme visitar case tódalas fins de semana. Vaime levar para a casa no seu coche cando saia de aquí o mes que vén, quizais. Ten un Jaguar, un deses pequenos trastos ingleses que poden andar a máis de duascentas millas por hora. Custoulle case catro mil pavos. Ten moita pasta agora, o D.B. Anates non tiña tanta. Era só un escritor regular, cando estaba na casa. Escribiu aquel libro de contos tan flipante, O Peixe Secreto, que non sei se oístes falar del. O mellor  dos contos era O Peixe Secreto. Falaba dun neno pequeno que non deixaba ve-lo seu peixe a ninguén porque o mercara co seu propio diñeiro. Gustoume moito. Agora está alá, prostituíndose en Hollywood, i D.B. Se hai unha cousa que me dá noxo é o cime. Nin mo mentedes.

Onde Quero empezar a contar é no día que deixei Pencey Prep. Pencey Prep é aquela escola que está en Agerstown, Pennsylvania. Supoño que oiriades falar dela. Polo menos veriáde-los anuncios. Anúnciase nunhas mil revistas. Sempre amosando un tipo a tope montado nun cabalo chimpando por riba dun valo. Coma se a única cousa que se fixese en Pencey fose xogar ó polo todo o tempo. Nunca, nin unha vez, vin eu un cabalo, nin sequera preto do lugar. E debaixo do cadro do home no cabalo di: “Dende 1888 estamos a moldear ós nenos para facelos homes espléndidos, de claro pensamento”. Paridas. Non fan máis moldeo en Pencey do que fan en calquera outra escola. E non coñecín ninguén alí que fose espléndido nin de claro pensamento nin nada. Quizais dous tíos, ou nin iso. E probablemente xa fosen así cando viñeron a Pencey.

En fin, era o sábado do partido de fútbol con Saxon Hall. O partido con Saxon Hall era un asunto importante en Pencey. Era o derradeiro partido do ano e supúñase que un debía suicidarse ou algo así se Pensey non gañaba. Lembro que sobre as tres daquela tarde estaba eu alá arriba, no quinto carallo, na punta de Thomsen Hill, xusto ao ladiño daquel estúpido canón dos tempos da Gerra Revolucionaria. Podíase ve-lo campo todo dende alí, e os dous equipos a bater uns nos outros. Non se vía a tribuna demasiado ben, mais oíase o griterío, profundo e tremendo do lado de Pencey, pois practicamente a escola enteira menos eu estaba alí, e apagado e amariconado do lado de Saxon Hall, xa que o equipo visitante case nunca traía moita xente con eles. A penas había rapazas nos partidos de fútbol. Só os mayores podían levar rapazas. Era unha escola terrible, mirárase por onde se mirase. Gústame estar en sitios onde polo menos podes ver mozas de vez en cando, aínda que só anden a raña-los brazos ou a soa-lo nariz ou a rir coma parvas. Selma Thurmer- era a filla do director- aparecía ás veces nos partidos, aínda que non era exactamente como para volver a un tolo de desexo. Con todo, era xeitosa. Unha vez fun sentado ao seu lado no bus dende Agerstown e case tivemos unha conversa. Gustábame. Tiña o nariz grande e as uñas todas mordidas, e levaba aquel puñeteiro sostén falso cunha teta apuntando para cada lado. Mais a un dáballe pena. O que me gustaba dela era que non te amolaba falando do gran tipo que era seu pai. Probablemente sabía o burro e hipócrita que el era.

A razón pola que eu estaba alá arriba, en Thomsen Hill, e non alá abaixo, no partido, era porque acababa de voltar de Nova York co equipo de esgrima. Eu era o entrenador do equipo de esgrima. Cousa importante. Foramos a Nova Cork aquela mañá para o encontro de esgrima coa Escola McBurney. E non houbo encontro. Deixei os floretes e o material todo no carallo do metro. Non foi toda a culpa miña. Tiña que andar a erguerme a mira-lo mapa para saber onde tiñamos que baixar. Así que voltamos a Pencey alá contra as tres e media, e non para cear. Na viaxe de volta, no tren, os outros nin me falaban. A outra razón pola que non estaba abaixo, no partido, era porque ía de camiño a dicirlle adeus ao vello Spencer, o meu profesor de Historia.Tiña a gripe e tal, e figurábame que non o había de ver ata que as vacacións do Nadal empezasen. Escribiume unha nota dicíndome que quería verme antes de que me fose para casa. Sabía que eu non voltaría a Pencey.

Esquecíame contarvos isto. Botáronme de Pencey. Supúñase que xa non voltaría despois de Nadal, pois cargara catro materias e non me aplicaba nada de nada. Dábanme frecuentes avisos para que empezase a aplicarme -especialamente no medio dos trimestres, cando os meus pais viñan para unha conferencia co vello Thurmer-pero eu pasaba. Así que, déronme a patada. Danlle a patada a bastantes rapaces en Pencey. Ten un bo nivel académico, Pencey. De verdade que si. De calquera xeito, era decembro e tal, e ía frío como na teta dunha bruxa. Especialmente na punta daquel estúpido outeiro. Só levaba posto o meu canguro e nin as luvas tiña. A semana anterior laguén roubara do meu cuarto o meu abrigo de pelo de camelo, coas miñas luvas de pel nos petos. Pencey estaba cheo de ladróns. Moitos tíos viñan de familias con pasta, pero era igual, estaba cheo de mangantes. Canto máis cara é unha escola, máis mangantes hai. E non estou de coña. Con todo, eu seguía alí, do lado do canón, e co cu xeado. Ora ben, non miraba moito para o xogo. Ao que realmente andaba era a tratar de ter unha sensación de despedida. Quero decir que teño deixado escolas e sitios sen tan sequera decatarme de que me ía deles. E dáme noxo. Non me importa que sexa un adeus triste ou un adeus malo, pero cando me vou dun lugar gústame saber que me vou. Se non é así, un séntese aínda peor.

Tiven sorte. De repente pensei en algo que me axudou a saber que me botaban. Lembrei aquela vez, alá por outubro, cando eu, Robert Tichener e mais Paul Campbell estabamos a darlle ó balón. Poñíase de cada vez máis escuro, xa a penas podiamos ve-la pelota, mais non podiamos parar de face-lo que estabamos facendo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario