luns, 17 de xuño de 2013

os crimes da rue morgue, comentario

A historia narra o asesinato de forma brutal de dúas damas francesas, Madame l’Espanaye e a súa filla Mademoiselle Camilla, o crime sucede nun piso ubicado na rúa Morgue, unha rúa parisina moi frecuentada. Ao principio as investigacións policiais eran penosas e todas remataban en fracaso, aínda contando con varias testemuñas que intentaron aportar algunhas pistas para a resolución do macabro crime.

O panorama desalentador cambia drasticamente cando un detective afecionado que viña dunha familia ilustre, pero que por casualidades da vida acabara sumido na pobreza. chamado Monsieur C. Auguste Dupin, comeza a buscar indicios e a relacionar datos có fin de desvelar este misterio, que xa tiña un sospeitoso encarcelado, Adolphe Lebon, que foi o último en ver as vicitimas con vida. Sen existir móbil algun, xa que na escena do crime atoparonse non solo obxetos de gran valor senon tamén unha gran cantidade de diñeiro que ditas damas retiráran aquela mesma tarde do banco, sendo ademáis as mesmas persoas moi ben conceptuadas polo que decían os testigos interrogados pola policía. Aquí o analista estivo ao seu verdadeiro gusto, xa que mirou, inspeccionou, buscou e descubriu. Máis tarde de regreso a casa examinou detidamente cada cousa e logo de varias voltas e cousas novas que el mesmo agregou a escena do crime chegou a verdadeira identidade do autor de tales feitos tan atraces. Dupin con inxenio e sagacidade, ofrece unha explicación na que exculpa a Lebon xa que de acordo coa súa deducción, o crime non o puidera levar a cabo un humano. En realidade o crime fora levado a cabo por un orangutan traído da selva de Borneo, que se escapara da custodia do seu dono. Tras estas deduccións lóxicas do señor Dupin, o señor Lebon foi exculpado de todos os cargos que se lle atribuían. O inspector de policía non quedaba a gusto coa resolución do crime, xa que non lle gustara nin a maneira de resolvelo nin tampouco a persona que o resolvera. Aínda por riba o señor Dupin regozixabase no seu triungo alterando a tranquilidade de este.

Ningún comentario:

Publicar un comentario