martes, 18 de xuño de 2013

a balada do café triste, resumo

Un relato de fatalidade. Un triangulo amoroso non correspondido e un final despiadado e inxusto. A acción desenvólvese nun pobo perdido de América, esquecido do mundo, onde sempre pasa o mesmo, todo é motononía, silencio. A protagonista, unha muller dura e curtida pola dor, ve como chega ao pobo un home anano e xorobado que di se-lo seu primo. O pobo experimenta un cambio significativo, cando o home abre coa súa prima un café. A xente pasa polo café para alixeirar a súa soidade e comentar as cousas que ocorren no lugar e a sociedade do pobo esperta. Pero todo esclarece. Eles viven na mesma casa e fanse bos amigos, ata o punto que Miss Amelia se namora do anano, cambia o seu carácter e faise máis sociable con todos.

Pero antes, ela estivera casada cun home realmente guapo, cuns bonitos e brilantes ollos azuis, cuxo defecto era que bebía a todas horas e gastaba tódolos cartos en xogos e vicios. Miss Amelia nunca soubo porqué se casara con ese home, ao mellor sentira o calor do amor, que nin se quera fora real. A muller, cánsase do borracho e xogador do seu home, así como da mala vida que sofre pola súa culpa e divórcianse. Consegue co metan no cárcere polos malos tratos recibidos.

Algún tempo despois, cando o ex marido sae do cárcere, volve ao pobo co único fin de vengarse. O anano, que non sabe nada, faise amigo del.

Ao final, a muller e o seu exmarido pelexan, en presencia do anano, que se pon moi triste por velos pelexar. Non resiste o impulso de axudar ao seu amigo e axúdao para reducir á muller. Ela perde todo. O seu gran amigo e novo amor, vaise co seu ex marido roubandolle cartos e xoias. Triste e abatida, pecha o café. Finalmente o pobo volve a apagar a súa chama, e todo volve á melancolía e a un estado de repouso perpétuo mentres se escoitan as cadeas dos presos que pasan preto da rúa. É unha obra moi poética, que fala de amor con tenrura, e con sensibilidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario