martes, 18 de xuño de 2013

venus negra, resumo e comentario


http://www.angelacartersite.co.uk/angelacarter.jpg
http://www.angelacartersite.co.uk/angelacarter.jpg
Nesta colección extraordinaria e variada de historias viven moitas persoas. Algunhas son persoas reais: Jeanne Duval, musa reacia de Baudelaire, que nunca pediu ser chamada Venus Negra, prendida no aburrimento terminal da paixón do poeta ... Edgar Allan Poe, co rostro do actor tráxico, que mostra en todo o que facemos e pensamos canta razón teñen os seus amigos cando din que "O home que bebe antes do xantar é imposible" ... E Lizzie Borden, deitada na cama nunha noite quente de verán soñando cun parricídio ... Outras personaxes son totalmente imaxinarias, como a prostituta do século XVII que, a pesar de si mesma,  transfórmase entre os indios nunha boa muller e tamén se observa o efecto que teñen as intrusións doutras culturas nos poboados indíxenas que saen, en todos os casos perxudicados ou a nena, criada por lobos, indiferente e estraña, que non tolera a compañía dos seres humanos.

"O neno prodixio das olas" é un neno que aprende francés a partir das receitas dun  libro de cociña que lle empresta o chef , e na apertura e música incidental para o Soño dunha Noite de verán, examínase a natureza ambigua do príncipe, o que causou moitos problemas entre Oberon e Titânia.Tratase de obras de temática variada e con carácter claramente feminista o que fixo deste libro unha auténtica revolución para a época.

O libro foi escrito por Angela Carter e foi publicado na súa versión orixinal en inglés pola editorial "Next Editions" no ano 1980 e foi traducido por Xela Arias en colaboración con Xabier Muguerza Martínez no ano 2001 pola editorial "Xerais Peto".

Ningún comentario:

Publicar un comentario