luns, 10 de xuño de 2013

romeo e xulieta, resumo

A representación e posta en escena comeza coa disputa entre Montescos e Capuleto. O príncipe de Verona, Della Escala, intervén entre eles e declara un acordo de paz que no caso de ser violado sería pagado coa morte. Despois dos sucesos, o conde Paris reúnese có señor Capuleto para conversar sobre a idea de contraer matrimonio coa súa filla, pero Capuleto pídelle que espere durante un prazo de dous anos, tempo tras o que Xulieta cumpriría quince anos. Aproveitando o ofrecemento, suxírelle que organice un baile familiar de carácter formal para celebrar o acontecemento. Mentres, a señora capuleto e a ama de Xulieta, intentan convencer a rapaza de que acepte o casamento con Paris.

En diferentes circunstancias, Benvolio fala co seu primo Romeo, fillo dos Montesco, sobre a súa máis recente depresión. Convencido de que a tristeza de seu primo débese ao amor non correspondido dunha rapaza chamada Rosalina —sobriña do señor Capuleto—, Benvolio infórmao sobre o baile familiar dos Capuleto. Finalmente, Romeo acepta acudir sen invitación a cerimonia, esperando encontrarse a Rosalina. Non obstante, cando chega ao fogar dos Capuleto, atópase con Xulieta e namórase profundamente dela. Tras concluír o baile, na secuencia coñecida como “a escena do balcón” Romeo infíltrase no patio dos Capuleto e escoita secretamente a Xulieta, quen está no balcón do seu dormitorio, admitindo o seu amor por el a pesar da hostilidade entre as súas familias.

Có paso do tempo, o rapaz comeza unha serie de encontros coa rapaza, ata chegar ao momento no que ambos deciden casar. Coa asistencia do Frei Lorenzo, quen espera reconciliar aos grupos rivais de Verona a través da unión dos seus fillos, ao día seguinte do xuramento de amor, os namorados casan en secreto. Ofendido pola intromisión de Romeo no baile familiar, Teobaldo —primo de Xulieta— reta ao rapaz a un duelo. Sen embargo, Romeo evade o combate. Impaciente tanto pola insolencia de Teobaldo como pola “covarde submisión de Romeo”, Mercurio —amigo de Romeo— acepta o duelo, aínda que resulta mortalmente ferido por Teobaldo. Doído ante a morte do seu amigo, Romeo retoma o enfrontamento e logra matar ao curmán de Xulieta. A consecuencia do anterior, o príncipe exilia ao rapaz da cidade, reiterando que se regresa, “sería o último que faría na súa vida”. Malinterpretando a tristeza da súa filla, o señor Capuleto decide ofrecela en matrimonio ao conde Paris, intentando convencela de aceptalo como esposo e converterse no seu “feliz consorte”. Finalmente, a rapaza acepta baixo a condición de prolongar a voda, aínda cando a súa nai se nega. Mentras tanto, Romeo pasa a noite secretamente na alcoba de Xulieta, onde teñen relacións sexuais.

Xulieta visita a Frei Lorenzo para pedirlle suxerencias, e este convén en ofrecerlle unha droga que a conduciría a un intenso coma coa duración de “dúas e corenta horas”. Unha vez que a rapaza acepta levar a cabo a farsa, o frei promételle enviar unha mensaxe a Romeo, informándoo sobre o seu plan secreto, polo que podería volver cando ela espertase. A noite anterior a voda, Xulieta inxire a droga, e os seu familiares, ao crela morta, deposita o seu corpo na cripta familiar.

A pesar da súa promesa incondicional, a mensaxe de Frei Lorenzo nunca chega a Romeo e, en cambio, este atópase con Baltasar (un dos seus serventes), quen lle informa da repentina morte de Xulieta. Frustrado ante semellante noticia, Romeo decide comprarlle ao boticario da cidade un eficaz veleno, antes de acudir á cripta onde se atopa Xulieta. Ao chegar, atópase con Paris, quen momentos antes estivera chorando sobre “o corpo inerte” da súa amada. Crendo que Romeo é un saqueador de tumbas, o conde enfróntao pero morre asasinado polo rapaz. Convencido todavía de que a súa amada está morta, Romeo procede a beber o veleno. Ao espertar do coma inducido, Xulieta atópase cos cadáveres de Romeo e Paris na cripta; incapaz de atopar unha solución ás circunstancias, determina atravesarse o peito ca daga do seu esposo. Tempo despois, os Montesco e os Capuleto, acompañados do príncipe percántanse da morte dos rapaces e do conde. Absorto pola tráxica escena, Frei Lorenzo comeza a relatar a historia completa do “amor prohibido” entre Romeo e Xulieta. A súa revelación consegue rematar ca rivalidade entre ambas familias.

Romeo e Xulieta remata coa elexía de Della Escala sobre o “amor imposible” dos novos: “Nunca houbera unha historia máis tráxica/ que esta, a de Xulieta e o seu Romeo ...”.

texto tirado da wikipedia

Ningún comentario:

Publicar un comentario